
Detalles do eventos
SETEMBRO 2021 “RETAZOS HISTÓRICOS: PEGADAS E PESADELOS” A meirande parte da poboación vive ás costas das diferentes decisións políticas que veñen
Cineclube Lumière: 'Abou Leila'
SETEMBRO 2021
“RETAZOS HISTÓRICOS: PEGADAS E PESADELOS”
A meirande parte da poboación vive ás costas das diferentes decisións políticas que veñen a modificar, moitas veces con intervencións militares, a vida da cidadanía. Asumimos de xeito inevitábel as repercusións que estas iniciativas teñen, con deceas de persoas afectadas e multitude de danos “colaterais”. As vítimas, indefensas, sumidas na incertidume, somos sempre as mesmas…
Neste ciclo viaxamos por varios países que amosan as pegadas e pesadelos de diferentes acontecimentos históricos, o seu desenvolvemento e percorrido máis ou menos recente.
6 SETEMBRO/ “Pequeno país”, baseado na novela autobiográfica do rapeiro francés Gaël Faye, nado en Burundi. O filme fala das tensións de Ruanda no 1993, que deron lugar ó xenocidio do 11% da a súa poboación na vaga de asasinatos que durou cen días. O relato é a través da ollada dun neno, emigrado a Francia con trece anos.
13 SETEMBRO/ “Ghosts”, debut da directora e vídeoartista turca con este fresco xeracional de 24 horas na vida de Estambul. A visión da complexa megalópolis en permanente mutación a través de catro personaxes, unha mestura de vida e pseudorrealidade onde os restos da vella cidade se resisten a deixar paso ós novos fenómenos do poder e a xentrificación.
20 SETEMBRO/ “Abou Leila”, ambientada na Alxeria do 1994 sumida na guerra civil, cando a violencia era algo cotiá. Co formato da road movie, reflicte o trasfondo político e o impacto social facendo unha especie de tratado simbólico existencialista sobre a violencia.
SINOPSE
Dous policias amigos dende a infancia viaxan polo deserto na busca de Abou Leila, un perigoso terrorista culpabel de numerosas mortes e prófugo da xustiza. Canto máis se adentran no deserto achergándose ó criminal, máis grande será a confrontación de violencia na que se verán envoltos.
Máis

(Luns) 20:30
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra