novembro, 2020

16nov18:00Cineclub Lumière: Robots. As historias de amor do futuroACTIVIDADES PARA O COCO | 2,00€18:00 Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

O luns día 16, hai doble sesión grazas á colaboración da Universidade de Vigo. Ás 18h, o filme: “Robots. As historias de amor do futuro” de Isa Willinger. Alemaña (2019), no Auditorio do Concello.

SINOPSE:
“Coa Intelixencia Artificial debes realizar frases curtas, claras e concisas”. Este é o consello que recibe Chuck mentres recolle o seu novo robot-compañeiro Harmony recentemente saído da fábrica. Alén do mundo, en Tokyo, o adorable robot Pepper interactúa coa avoa Sakurai, un agasallo feito polo seu fillo para que non sentise soa. Con todo, Pepper non tarda en empezar a dar problemas polo seu peculiar carácter. Como será capaz o ser humano de convivir coa intelixencia artificial? Gañará ou perderá? Este documental trata de ilustrar como será o mundo do mañá.

É unha actividade gratuita para a xente da comunidade universitaria e as persoas asociadas ao Lumiére. Para o resto do público 2 euros.

Posteriormente, ás 20h, sesión habitual do Cineclub dentro do ciclo “Territorios íntimos”, coa proxección de “Branco en Branco”, de Theo Court.

PREMIOS:
2019: FESTIVAL DE VENECIA: PREMIO FIPRESCI (SECCIÓN ORIZZONTI) E MELLOR DIRECTOR
2019: FESTIVAL A HABANA: PREMIO FIPRESCI
2019: MINSK INTERNATIONAL FILM FESTIVAL PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR
FICUMAN FESTIVAL INTERNATIONAL DE CINE UNAM 2020,  PREMIO AO MELLOR DIRECTOR

SINOPSE:
Século XIX, un fotógrafo chega a Terra do Fogo, un territorio hostil e violento, para fotografar a voda dun poderoso latifundista. A futura esposa, apenas unha nena, convírtese nunha obsesión. Tratando de capturar a súa beleza, traizoa ó poder que domina o territorio. Pero é descuberto.  

Compartir

Máis

Hora

(Luns) 18:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X