GFFF
GFFF

Regresa o Cineclube Lumière cun ciclo sobre fazañas cotiás

09set20:30Regresa o Cineclube Lumière cun ciclo sobre fazañas cotiásACTIVIDADES PARA O COCO | 6,00€20:30(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

O Cineclube Lumière volve ás andadas despois dun merecido descanso nos meses estivais. O ciclo deste mes de setembro titúlase ‘A vida manda: fazañas cotiás’ e así o explican desde a organización:

“Na meirande parte dos días as circunstancias vitais superan a capacidade de resposta das personaxes protagonistas. Na urxencia cotiá a lóxica queda en entredito, pe en parede e, como os antigos  heroes épicos, hai que superar obstáculos para salvar o que se poda, acadar  obxectivos, e dar por boa a viaxe. Así son as historias que presentamos para este mes. Retratos en primeiro plano das fazañas cotiás ás que teñen que enfrontarse, sen desesperación, aínda que non sempre se acaden os resultados agardados…”

A primeira película do ciclo é A promesa de Hasan (2021, 147′, VOSE), de Semih Kaplanoglu.

Un agricultor atópase nunha situación complexa cando tratan de instalar unha torre de alta tensión na terra herdada do seu pai. Ao mesmo tempo, a súa peregrinaxe inminente á Meca o leva a realizar unha busca introspectiva do seu pasado.

As outras dous películas, ademais do filme sorpresa da última sesión, que completan o programa son Rehana, de Abdullah Mohammad Saad, e Here, un home bo, de Bas Devos.

Máis

Hora

9 setembro, 2024 20:30(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events