Regresa o Cineclube Lumière cun ciclo sobre fazañas cotiás
Detalles do eventos
O Cineclube Lumière volve ás andadas despois dun merecido descanso nos meses estivais. O ciclo deste mes de setembro titúlase ‘A vida manda: fazañas cotiás’ e así o
Detalles do eventos
O Cineclube Lumière volve ás andadas despois dun merecido descanso nos meses estivais. O ciclo deste mes de setembro titúlase ‘A vida manda: fazañas cotiás’ e así o explican desde a organización:
“Na meirande parte dos días as circunstancias vitais superan a capacidade de resposta das personaxes protagonistas. Na urxencia cotiá a lóxica queda en entredito, pe en parede e, como os antigos heroes épicos, hai que superar obstáculos para salvar o que se poda, acadar obxectivos, e dar por boa a viaxe. Así son as historias que presentamos para este mes. Retratos en primeiro plano das fazañas cotiás ás que teñen que enfrontarse, sen desesperación, aínda que non sempre se acaden os resultados agardados…”
A primeira película do ciclo é A promesa de Hasan (2021, 147′, VOSE), de Semih Kaplanoglu.
Un agricultor atópase nunha situación complexa cando tratan de instalar unha torre de alta tensión na terra herdada do seu pai. Ao mesmo tempo, a súa peregrinaxe inminente á Meca o leva a realizar unha busca introspectiva do seu pasado.
As outras dous películas, ademais do filme sorpresa da última sesión, que completan o programa son Rehana, de Abdullah Mohammad Saad, e Here, un home bo, de Bas Devos.
Máis
Hora
9 setembro, 2024 20:30(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes