VIALIA
PLAYDOC

Cíes Talent

07outTodo o día08Cíes TalentARTE E MUSEOS | De balde(Todo o día)(GMT+02:00) Navia

Detalles do eventos

A segunda edición do festival de arte urbano Cíes Talent celebrarase os días 7 e 8 de outubro no parque Nelson Mandela de Navia, que volverá encherse de vida e de arte moderno, coas Cíes como un emblema.

O venres 7 comezará a pintura dos murais, que farán 5 grandes artistas, e que se inaugurarán o sábado ás 20h. O programa tamén inclúe unha batalla exhibición de street dance entre España e Portugal. O evento contará cunha chea de actividades complementarias, destacando as exhibicións e os talleres de iniciación. Además, haberá dous artistas invitados do mundo do graffiti: Kapi e Zurik.

Para os máis pequenos, durante os dous días estará en marcha o Cíes Talent Kids, con múltiples actividades adaptadas á súa idade, recibindo pautas de iniciación, clases e charlas sobre a cultura urbana. É un festival centrado na xente xoven e as novas culturas urbanas que emerxen na cidade de Vigo.

TALLERES INFANTÍS
– Graffity writing: venres ás 17h e sábado ás 12h
– Break dance: venres ás 17h,18h e 19h; sábado ás 11h,12h e 16.30h

PROGRAMACIÓN

Máis

Hora

outubro 7 (Venres) - 8 (Sábado)(GMT+02:00)

Localización

Navia

Rúa das Teixugueiras, 12-28 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events