bannerRevistaOnline

30out11:30Ciencia no SamaínPEQUERRECHOS | De balde11:30 O Calvario

Ciencia no Samaín

A Concellería de Normalización Lingüística organiza os vindeiros días diferentes actividades para que os nenos celebren o Samaín.

Unha delas é Ciencia no Samaín, con Ceo Aberto, que farán diferentes obradoiros para achegar aos máis pequenos o mundo da ciencia desde unha temática de medo.

CREADORES DE MONSTROS: Utilizando modelos exclusivos, crearemos pequenas figuras recortables inspiradas en personaxes clásicos da literatura fantástica que personalizaremos e iluminaremos con leds.
Idade: Desde 6 anos
COMIDA TERRORÍFICA: No obradoiro, a rapazada asistente preparará un chan comestible cheo de elementos terroríficos. A través do xogo, iremos descubrindo conceptos científicos como a estrutura do chan, os seus procesos de formación e a importancia dos seres vivos na evolución do solo.
Idade: Desde 3 anos
TERROR ELECTRIZANTE: Os nenos e nenas participantes na actividade explorarán a electricidade e as súas características, construíndo figuras relacionadas coa xornada que se celebra.
Idade: Desde 3 anos
AGASALLO DE SAMAÍN: No obradoiro, experimentaremos con diferentes polímeros para comprender a súa importancia e as súas implicacións medioambientais. Para finalizar, deseñaremos e fabricaremos un agasallo cun polímero termo moldeable que decoraremos con motivos ligados a celebración do Samaín.
Idade: Desde 3 anos

Cada obradoiro ten una duración de 15-20 minutos.

HORARIOS

  • Navia:
    • 29 outubro de 11.30h a 13h
    • 30 outubro de 17.30h a 19h
  • O Calvario:
    • 29 outubro de 17.30h a 19h
    • 30 outubro de 11.30h a 13h

Máis

Hora

(Domingo) 11:30

Localización

O Calvario

Rúa de Urzáiz, 183, 36205 Vigo, Pontevedra

X