VIALIA
bannerPicnicSesions

Ciclo Sales: Loiros + Stoned at Pompeii

15set20:00Ciclo Sales: Loiros + Stoned at PompeiiCONCERTOS | 10,00 €20:00(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

Coa chegada do verán volve a actividade a Fundación Sales. O xardín botánico situado na avenida de Europa acollerá de xullo a setembro nove xornadas repletas de música nas que gozar de varias actuacións nunha paraxe idílica.

O próximo xoves día 15 temos unha cita coa música local coas actuacións de Loiros e Stoned at Pompeii.

Loiros: Banda nada en 2016 con acento internacional, xa que está formada por dous galegos, un francés e un alemán. O seu son é unha mestura única de xéneros e influencias.

Stoned at Pompeii: A banda, que xa leva máis dunha década tocando, caracterízase polos seus potentes directos e pola súa versatilidade, pois o seu abanico de estilos é ben amplo. Considéranse unha banda de rock and roll, no sentido amplo da palabra, desde o máis duro ata temas máis melódicos con piano ou arranxos orquestrais.

Horarios:
21:00 – Loiros
22:30 – Stoned at Pompeii en acústico
Entradas aquí

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events