Ciclo Sales: Allova + Treva + misterchoco(Rio Lagares) + Presentación Libro Comando Igualdade.

01set18:00Ciclo Sales: Allova + Treva + misterchoco(Rio Lagares) + Presentación Libro Comando Igualdade.CONCERTOS | 5,00 €18:00(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

Coa chegada do verán volve a actividade a Fundación Sales. O xardín botánico situado na avenida de Europa acollerá de xullo a setembro nove xornadas repletas de música nas que gozar de varias actuacións nunha paraxe idílica.

ALLOVA é un proxecto vangardista de música Indie-Electrónica con toques de Trip-Hop, creado entre Madrid e A Coruña e liderado por Alla Mikhaylova. A música de ALLOVA crea profundos ambientes sonoros coa hipnótica voz, as potentes bases electrónicas, o piano e outros instrumentos acústicos. Cancións ricas en matices, con ritmo e forza. A cantante, pianista e compositora, Alla Mikhaylova, comezou a súa vida como música no seu país natal, Rusia, onde estudou durante 10 anos música clásica. Ao chegar a España en 2009 especialízase en música moderna e jazz na Escola de Música Creativa de Madrid, á vez de estudar a produción musical. Sempre tendo interese pola música electrónica.

18h – Presentación libro Comando Igualdade, con Chis Oliveira e Priscila Retamozo.
19h – Treva (Bambusería)
19:30h – Misterchoco(Rio Lagares) Vinyl Set
21:30 – Allova

Entradas aquí

Máis

Hora

(Xoves) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events