CANS
XERAIS

Este é un evento repetitivo

Ciclo 'Do mito de crecemento ao decrecemento'

07mar19:00Ciclo 'Do mito de crecemento ao decrecemento'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Facultade de Comercio (Torrecedeira)

Detalles do eventos

Desde o Ateneo Atlántico están a organizar un ciclo de charlas para achegarse á idea do “decrecemento”, un debate aberto hai algún tempo entorno á limitación dos recursos naturais e como nos afecta no noso día a día.

Agora que o tema das enerxías renovables está tan moda e a axenda verde tan estendida, é importante entender as implicacións que teñen.

Para falar de todo isto o Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo, ECOBAS (centro de investigación interuniversitario de Galicia), a Rede do Decrecemento e o Ateneo Atlántico xuntan recursos e propoñen as seguintes sesións para os martes de marzo:
•    7 de marzo => Que é o decrecemento e por que é necesario? 
•    14 de marzo => Limitacións das enerxías alternativas e condicionamento do futuro industrial
•    21 de marzo => Vantaxes e inconvenientes da economía circular

Todas elas serán na Facultade de Comercio (Rúa Torrecedeira 105)  ás 19:00h. A entrada por suposto é aberta e para todos os públicos.

Máis

Hora

(Martes) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Facultade de Comercio (Torrecedeira)

Rúa do Conde de Torrecedeira, 105, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events