Ciclo de teatro: Camille Claudel

11out19:00Ciclo de teatro: Camille ClaudelESPECTÁCULOS | -19:00(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

A Morada Cooperativa inicia un novo Ciclo de teatro chamado ‘Tres Mulleres’. Tres monólogos, tres voces, tres historias de mulleres silenciadas na historia ou na ficción.

Este é un proxecto de exploración escénica arredor de tres figuras femeninas que, por un ou outro motivo, cativaron a atención da creadora. Dende a necesidade de visibilizar o nome de Camille Claudel, borrada da Historia da Arte, até a narración inédita da Lolita de Nabokov, xamais escoitada, pasando pola reflexión sobre a crueldade e o sadismo de Erzsébet Báthory. É un exercicio de investigación e de revisión para colocar ante a ollada pública outra versión dos feitos.

O primeiro monólogo que se presenta é o de Camille Claudel. Esta escultora do século XIX foi retratada nun texto dramático de Laura Rubio Galletero, usado como punto de partida para esta creación escénica. Descobre como foi o seu último intre antes de ingresar no manicomio no que ficou até morrer.

Despois da actuación haberá un coloquio coa creadora, Isolda Comesaña Alcaraz.

Martes 11 ás 19:00

Aforo limitado, é preciso inscribirse previamente na Morada por correo, chamada, mensaxe, whatsapp ou telegram.
Taquilla inversa.

Máis

Hora

(Martes) 19:00(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events