VIALIA
bannerPicnicSesions

Ciclo de teatro: 'Camille Claudel'

12nov13:30Ciclo de teatro: 'Camille Claudel'ESPECTÁCULOS | -13:30(GMT+01:00) A Morada

Detalles do eventos

A Morada Cooperativa continúa Ciclo de teatro chamado ‘Tres Mulleres’. Tres monólogos, tres voces, tres historias de mulleres silenciadas na historia ou na ficción.

Este é un proxecto de exploración escénica arredor de tres figuras femeninas que, por un ou outro motivo, cativaron a atención da creadora. Dende a necesidade de visibilizar o nome de Camille Claudel, borrada da Historia da Arte, até a narración inédita da Lolita de Nabokov, xamais escoitada, pasando pola reflexión sobre a crueldade e o sadismo de Erzsébet Báthory. É un exercicio de investigación e de revisión para colocar ante a ollada pública outra versión dos feitos.

O primeiro monólogo foi o de Camille Claudel, que volve nun 2º pase moi pedido polo público.
Esta escultora do século XIX foi retratada nun texto dramático de Laura Rubio Galletero, usado como punto de partida para esta creación escénica. Descobre como foi o seu último intre antes de ingresar no manicomio no que ficou até morrer.

Despois da actuación haberá un coloquio coa creadora, Isolda Comesaña Alcaraz.

Sábado 12 ás 13:30

Aforo limitado, é preciso inscribirse previamente na Morada por correo, chamada, mensaxe, whatsapp ou telegram.
Taquilla inversa.

Máis

Hora

(Sábado) 13:30(GMT+01:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events