
Detalles do eventos
A Orquestra de Vigo 430 presenta un novo Ciclo de Outono que acollerá catro concertos entre os meses de setembro e decembro. O ciclo
Ciclo de outono da OV430: 'As catro estacións segundo Piazzolla'
A Orquestra de Vigo 430 presenta un novo Ciclo de Outono que acollerá catro concertos entre os meses de setembro e decembro.
O ciclo continúa o vindeiro domingo día 24 de outubro e estará dedicado ao compositor arxentino no centenario do seu nacemento. Nesta cita, a orquestra contará como violín solista con Raquel Areal, ademais de coa dirección musical de Roc Fargas.
O concerto terá lugar ás 20:00h no Auditorio Martín Códax. A entrada será gratuíta, pero será necesaria reserva. A mesma poderá formalizarse en reservas@vigo430.com, ata completar aforo. Para quen non poida facerse cunha entrada ou achegarse ao concerto, a OV430 estableceu un acordo de colaboración coa plataforma ‘Tolemias’, e os concertos poderán seguirse en streaming.
PROGRAMACIÓN
– 18 de setembro: ‘A percusión arredor do mundo’
– 24 de outubro: ‘As catro estacións segundo Piazzolla’
– 13 de novembro: ‘Contos de fadas’
– 15 de decembro: ‘Almudaina’
Máis

(Domingo) 20:00
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra