CICLO DE CINE MULLERES: 'Nomadland'
Detalles do eventos
O ciclo de cinema Mulleres chega á sede Afundación de Vigo en abril cunha selección de filmes protagonizados por mulleres que proxectan as súas ideas,
Detalles do eventos
O ciclo de cinema Mulleres chega á sede Afundación de Vigo en abril cunha selección de filmes protagonizados por mulleres que proxectan as súas ideas, sensacións e as súas problemáticas particulares para xerar un espazo onde observar distintas posturas, recursos, necesidades e discursos en clave de xénero. Elas son a parte relatora e activa destes tres traballos destacados da cinematografía actual, con importantes e numerosos premios no seu haber.
O 1 de abril – ‘Maixabel’ de Icíar Bollaín, un film de drama basado en feitos reais.
Maixabel Lasa perde no ano 2000 ao seu marido, Juan María Jaúregui, asasinado por ETA. Once anos máis tarde, recibe unha petición insólita: un dos asasinos pediu entrevistarse con ela no cárcere de Nanclares da Oca /Álava, na que cumpre condena tras romper os seus lazos coa banda terrorista. A pesar das dúbidas e da inmensa dor, Maixabel accede a atoparse cara a cara coas persoas que acabaron a sangue frío coa vida de quen fora o seu compañeiro desde os dezaseis anos.
O 8 de abril – ‘Nomadland‘ de Chloé Zhao, un film independente de USA que trata sobre a crise económica do 2008.
Unha muller, despois de perdelo todo durante a recesión, embárcase nunha viaxe cara ao Oeste americano vivindo como unha nómade nunha caravana. Tras o colapso económico que afectou tamén á súa cidade na zona rural de Nevada, Fern toma a súa camioneta e ponse en marcha para explorar unha vida fóra da sociedade convencional, como nómade moderna.
O 15 de abril – ‘La Verité‘ de Hirokazu Koreeda, un film francés de drama.
Fabienne é unha das grandes @estrella do cinema francés, unha actriz que reina entre os homes que a aman e admiran, pero na súa vida persoal ten grandes conflitos con Lumir, a súa filla. Lumir viaxa co seu marido e filla a París cando se publican as memorias da súa nai. O encontro non tardará en converterse en enfrontamento: revelaranse verdades, axustaranse contas, falarase de amor e de resentimento.
Reserva as túas entradas gratuítas e colabora co programa solidario Cultura por Alimentos. Poderás acceder ás proxeccións achegando unha doazón de alimentos non perecedoiros*.
A butaca reservarase ata 10 min antes do comezo da proxección.
Máis
Hora
8 abril, 2024 19:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Teatro Afundación
Marqués de Valladares s/n
Hoxe móvese
Mes actualdecembro
Séguenos nas redes