REVISTA ABRIL

CHRISTIAN LÖFFLER

25nov21:30CHRISTIAN LÖFFLERCONCERTOS | Desde 12,00€21:30(GMT+01:00) Mondo Club

Detalles do eventos

Despois do éxito do concerto de Efterklang en Santiago de Compostela e de Cécile Mclorin Salvant en Pontevedra, o Ciclo Xacobeo Importa trae a Vigo o vindeiro xoves 25 de novembro o concerto do alemán Christian Löffler, na Sala Mondo de Vigo. Löffler é un dos máximos expoñentes da denominada “electrónica emocional” e chega por primeira vez a Galicia nunha exclusiva xira que terá catro paradas en España e que están a levantar gran expectación, coas entradas de todos os seus concertos vendéndose a un ritmo sorprendente.

A sensibilidade artística e sonora deste produtor e DJ tradúcese nunhas composicións emotivas coa melancolía como fío condutor de cada un dos seus temas. Os temas de Christian Löffler son unha guía sensorial entre a euforia e esa melancolía que nos presenta un dos territorios máis interesantes da música electrónica actual. Os seus traballos transitan entre experimentacións ambientais e orgánicas, incluíndo a presenza de sons de campo gravados polo propio artista. Na súa xira presentará o seu último traballo, « Parallels», un inusual e suntuoso tributo electrónico a Beethoven, xunto a temas de anteriores traballos.

As entradas para o concerto na Sala Mondo de Vigo están dispoñibles en Ataquilla.

Máis

Hora

(Xoves) 21:30(GMT+01:00)

Localización

Mondo Club

Rúa de Joaquín Loriga, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events