VIALIA
bannerPicnicSesions

Chimpa Party Afrobeat

14out(out 14)23:59Chimpa Party AfrobeatESPECTÁCULOS | 6,00€23:59(GMT+02:00) Mondo Club

Detalles do eventos

Comeza ás 3 da mañá

Organizadas pola bailarina e xestora cultural Eva Comesaña, a Sala Mondo comeza este 14 de outubro unha serie de festas co nome de Chimpa Party.

Trátase dunha festa mensual dedicada a un estilo de música coa súa respectiva danza, onde se convidan a djs de fóra de Galicia e que non picasen anteriormente na cidade, creando unha oferta fresca e nova. Acompañando á persoa encargada de poñer música, acompáñalle un bailarín que abrirá a noite cunha clase de 30 minutos ensinando pasos do estilo para que o público os use durante a noite, ademais de amenizar con mini actuacións durante a festa.

A primeira Chimpa Party xirará arredor da música Afrobeat e para iso traemos a DjOwey, desde Barcelona, unha dj que estivo en escenarios como o do Rototom influenciada polo afrobeat, hiphop e amapiano. Acompáñaa GeniMuxima, bailarina de afrohouse afincada en Atios e terminará a noite Saya, dj influenciada por xéneros que van desde os afrobeats á electrónica experimental árabe, kuduro, batida, gqom, ou amapiano.

A entrada inclúe consumición.

Máis

Hora

14 (Venres) 23:59(GMT+02:00)

Localización

Mondo Club

Rúa de Joaquín Loriga, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events