Cine de Barrio: 'Matria'
Detalles do eventos
Este venres no Canellón da Pomba volve o cine de barrio! Nesta ocasión proxectarase o galardoado filme galego Matria. Ademais, o director Álvaro Gago estará
Detalles do eventos
Este venres no Canellón da Pomba volve o cine de barrio! Nesta ocasión proxectarase o galardoado filme galego Matria. Ademais, o director Álvaro Gago estará presente para conversar sobre a peli e o que xurda. Haberá flocos de millo para as persoas asistentes e limoada caseira! Recoméndase que cada persoa leve a súa propia cadeira.
Para máis información séguenos en @quepasanobarrio
Sinopse
Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario nun pobo da costa galega. Fai malabarismos con múltiples traballos para manterse á boia e proporcionar un futuro mellor á súa filla Estrela. Pero cando Estrela está preparada para tomar o seu propio camiño, Ramona dáse conta de que, por primeira vez, pode facer algo por si mesma.
Preme aquí para ler a entrevista que lle fixemos a Álvaro Gago
Preme aquí para ler a nosa reportaxe sobre o proxecto de Emaús no Canellón da Pomba
Máis
Hora
19 xullo, 2024 21:00(GMT+01:00)
Localización
Canellón da Pomba
Cjón. Pomba, 2, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes