Charlas Feira do Bebé

06out18:30Charlas Feira do BebéPEQUERRECHOS | De balde18:30(GMT+02:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

Mércores 28/09: Fisioterapia no embarazo, postparto e pediatría. Imparte Adeli Martínez, fisioterapeuta e osteópata de Progresa Centro Integral de Saúde.

Toda muller embarazada experimenta múltiples cambios no seu corpo. A Fisioterapia axuda a preparar ao corpo para estes cambios adaptativos que se producen durante o embarazo. Nesta charla tratarase a importancia do tratamento descoñecido da fisioterapia nos tres trimestres do embarazo para facilitar o parto e dos beneficios que ten no postparto para recuperar o chan pélvico.

Luns 3/10: Alimentación na primeira infancia (0-3 anos). Imparte Marta Losada, dietista-nutricionista de Progresa Centro Integral de Saúde.

A formación de hábitos alimentarios saudables debe comezar desde os primeiros anos porque os que se instauran tempranamente tenden a perdurar ao longo da vida. Trataremos a alimentación por etapas, de 0 a 6 meses e de aí ata os 3 anos, explicando como debe ser a introdución de alimentos e recalcando a importancia dunha alimentación variada e equilibrada.

Xoves 6/10: Primeiros auxilios en bebés e nenos. Imparte Marta Iglesias, matrona de Progresa Centro Integral de Saúde.

Ante un accidente é decisivo coñecer as pautas para levar a cabo primeiros auxilios, manter a calma e, sobre todo, actuar o máis rápido posible. Nesta charla veremos como tratar contusións e feridas, como actuar en caso de hemorraxias, intoxicacións e convulsións. Diferenciaremos os tipos de queimaduras. Aprenderemos a actuar fronte a unha obstrución das vías aéreas ou no caso de que haxa unha perda de coñecemento. Veremos a maneira de inmobilizar posibles fracturas e aprenderemos os pasos para seguir na Reanimación Cardiopulmonar (RCP).

L@s interesa@s en asistir poderán informarse e/o inscribirse no departamento de Bebés da planta cuarta. As prazas son limitadas.

As charlas celebraranse ás 18.30 horas en bebés, planta 4ª.

Máis

Hora

(Xoves) 18:30(GMT+02:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events