Charla de Ignacio Gómez de Liaño sobre Carlos Oroza
Detalles do eventos
Desde a Asociación Évame-Oroza preparan dous días de eventos para anunciar, coincidindo co Día da Poesía, o nacemento do Premio Internaciónal de Poesía Carlos Oroza.
Detalles do eventos
Desde a Asociación Évame-Oroza preparan dous días de eventos para anunciar, coincidindo co Día da Poesía, o nacemento do Premio Internaciónal de Poesía Carlos Oroza.
Comeza o luns día 20 de marzo recibindo ao escritor Ignacio Gómez de Liaño, que dará unha charla arredor da figura de Carlos Oroza, a quen o unía unha fonda amizade. Gómez de Liaño será tamén o presidente do xurado da modalidade de lingua castelá do devandito premio. Esta charla terá lugar o luns 20 de marzo, ás 20:00 horas, no local de Évame-Oroza, situado no número 5 da Subida á Costa do Casco Vello Alto de Vigo.
O día seguinte, martes 21 de marzo, será a presentación pública das bases do Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza. O evento terá lugar ás 20:00 horas, na Sala de Conferencias da Sede Afundación, situada na rúa Policarpo Sanz 24-26.
Durante o acto, participarán o escritor Antonio García Teijeiro e o presidente da Asociación Xabier Romero. Unha actuación do colectivo Rompente completará a velada, na que poderemos escoitar un adianto do disco Atelaida, onde Javier Monforte e Alberto Cunha recuperan a voz de Aute e a de Oroza.
Máis
Hora
20 marzo, 2023 20:00(GMT+01:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra