REVISTA ABRIL

Celebrando as nosas raíces: micro aberto

16mai19:00Celebrando as nosas raíces: micro abertoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

El Corte Inglés e Ámbito Cultural súmanse un ano máis á conmemoración do 17 de maio, día das Letras Galegas, poñendo en valor e acercando a cultura galega nos seus centros de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Esta celebración institucionalizada pola Real Academia Galega (RAG), que chega a súa 60 edición, rendéndolle homenaxe ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor, Francisco Fernández del Riego.

Para festexar as nosas letras El Corte Inglés organizou o ciclo Celebrando as nosas raíces que contará coa presentación do libro ‘Fernández del Riego. O home que valía por mil’ (xoves 18 ás 19:00 h) , o contacontos musical Xiana e a meiga Xela (sábado 20 ás 11:00 h) e un Micro Aberto que reunirá a escritores galegos destacados (martes 16 ás 19:00 h).

RECITAL “MICRO ABERTO”

O Micro aberto reunirá o vindeiro martes 16 de maio a escritores consagrados da literatura galega que compartirán a lectura dos seus libros en galego. Os micros acenderanse ás 19.00 horas na librería de El Corte Inglés de Vigo para dar voz a nosa lingua a través dos autores, pero tamén estará aberto para aquelas persoas e lectores que queiran participar desta homenaxe. Nesta exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria, participan en Vigo: Pedro Feijoo, Antonio García Teijeiro, Malores Villanueva, Manuel Bragado, Manuel Esteban, Beatriz de Cea, Pati Blanco, Elba Pedrosa e Andrea López.

Máis

Hora

(Martes) 19:00(GMT+02:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events