>
Detalles do eventos
Unha nova edición da Festa do Cinema celebrarase en toda España entre o luns 3 e o xoves 6 de xuño. Durante estes catro días,
Detalles do eventos
Unha nova edición da Festa do Cinema celebrarase en toda España entre o luns 3 e o xoves 6 de xuño. Durante estes catro días, os espectadores poderán gozar de todas as películas da carteleira a 3,50 € por entrada.
As salas viguesas nas que podemos facer uso do desconto son Gran Vía Cines, Cines Tamberlick, Cines Yelmo do Centro Comercial Travesía de Vigo e Cines Yelmo Premium de Vialia Vigo. As entradas xa están dispoñibles a prezo reducido nos amentados cinemas. A diferenza de edicións anteriores da iniciativa, xa non é preciso acreditarse, basta con comprar a entrada de xeito habitual para beneficiarnos do desconto.
Os Multicines Norte tamén ofrecen durante estes catro días todas as pelis na súa carteleira ao prezo único de 3,50 €.
Hora
3 xuño, 2024 12:00 - 6 xuño, 2024 23:59(GMT+02:00)
Localización
Vigo Centro
36202 Vigo Pontevedra


