
12set21:30Caspervek: "Tabú"CONCERTOS | 10,00€21:30(GMT+02:00) Fundación Sales
Detalles do eventos
Caspervek, formación viguesa adicada a musicalizar pezas clásicas de cine mudo, presenta este próximo sábado día 12 o derradeiro concerto do seu ciclo de Cine Mudo de Verán,
Detalles do eventos
Caspervek, formación viguesa adicada a musicalizar pezas clásicas de cine mudo, presenta este próximo sábado día 12 o derradeiro concerto do seu ciclo de Cine Mudo de Verán, que tivo lugar durante o periodo estival no xardín botánico vigués Fundación Sales. O ciclo ven de esgotar as entradas nas súas dúas primeiras representacións.
Desta volta, o grupo interpretará a súa partitura orixinal composta para “Tabú”, obra póstuma do célebre director alemán F. W. Murnau, no que narra unha historia de amor e vinganza na Polinesia Francesa. O filme, moi novidoso na súa época, contou cun elenco formado exclusivamente por nativos polinesios. Por iso, a banda sonora que propón Caspervek integra instrumentos de percusión étnica para achegar ó espectador ós Mares do Sur.
Nesta velada contarán coa participación especial de dous solistas invitados: Fran Troncoso (percusión) e Tonio Comesaña (clarinete) que se unen ós xa habituais membros da agrupación, Brais González (composición e piano) e Blas Castañer (percusión) e tamén á violinista Erea Carbajales.
Máis
Hora
12 setembro, 2020 21:30(GMT+02:00)
Localización
Fundación Sales
de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual