Caspervek: "The Kid Brother"

19ago22:00Caspervek: "The Kid Brother"CONCERTOS | 10,00€22:00(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

Caspervek, agrupación viguesa dedicada a musicalizar películas de cinema mudo en directo ofrece o vindeiro venres 19 o segundo dos seus cinema-concertos ao aire libre na Fundación Saes cunha das mellores comedias da década dos 20: “The Kid Brother” de Harold Lloyd. A película narra as desventuras de fillo pequeno (e algo torpe) dun intrépido e valente shériff dun pobo do oeste e os seus esforzos por honrar á súa familia e lograr o amor dunha nova.

Caspervek estrea a súa partitura creada ex-professo para a ocasión, que contará coa participación de Andrea González (saxofón), Raquel Miguélez (contrabaixo) e Brais González (piano). A proxección terá lugar o venres 19 de Agosto ás 22:00 da noite nos xardíns da Fundación Saes.

Máis

Hora

(Venres) 22:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events