
Detalles do eventos
Máis de 3 horas de evento terán os participantes da Holi Neon Life, a carreira nocturna de neón que alumará o 7 de xuño a noite de Vigo
Detalles do eventos
Máis de 3 horas de evento terán os participantes da Holi Neon Life, a carreira nocturna de neón que alumará o 7 de xuño a noite de Vigo en brillantes cores. Non só carreira, senón que amenizarán a festa xunto á música dos DJ e animación do equipo de Holi Life, organizadores tamén desta proba.
Ás 21:00 horas abriranse as portas do recinto, situado no recinto feiral. A saída da carreira será ás 22:00 horas, de forma que a escuridade xa haberá case caído e póidase gozar das cores neón, grazas á iluminación empregada para a ocasión.
Antes e despois dos 5 quilómetros será o momento da diversión cos lanzamentos de pos de cores neón e o resto de animacións. Entre as actividades inclúese a zona para pintarse de neón antes da carreira e realizar así o trazado en tons fluorescentes.
Neon Points
No percorrido os corredores cruzarán por catro zonas Neon Point, desde onde se lanzan po de neón ao paso dos participantes. O po neón está elaborado con fariña de millo e colorantes naturais, non é alérxico nin tóxico e o seu uso está aprobado pola CE.
Holi Life Neon é un evento apto para todos: familias, grupos de amigos ou mesmo vir acompañados de mascotas. A proba pode realizarse correndo ou andando, segundo a preparación de cada un. Non é unha carreira competitiva e o principal obxectivo é a diversión dos participantes.
Inscricións: AQUÍ
Máis
Hora
7 xuño, 2025 21:00(GMT+02:00)
Localización
Avenida de Samil, 68
Parking Avenida Samil 68, Vigo