Carlos Núñez en Monteferro

06ago11:00Carlos Núñez en MonteferroCONCERTOS | Desde 22,00€11:00(GMT+02:00) Miradoiro de Monteferro

Detalles do eventos

O Concello de Nigrán ofrece unha segunda oportunidade o día 6 de agosto ás 11:00 horas para todos aqueles que se quedaran sen entradas para ver a Carlos Núñez no miradoiro de Monteferro o 5 de agosto, coincidindo co solpor. Este segundo concerto encádrase na xira ‘Lugares Máxicos’ e as entradas xa están á venda a través de Ataquilla cun prezo de 22 €.

Tal e como arrancaron no 2020 os concertos de Carlos Nuéz neste enclave único, o obxectivo é enfeitizar aos asistentes grazas a especial sinerxia coa natureza e o momento do solpor. “Á vista está a unión fascinante de Carlos Núñez con Monteferro porque cada ano desde 2020 esgota en tempo record as entradas, por iso sempre repetimos, porque queremos darlle unha segunda oportunidade a todos os que quedaron coas ganas”, incide o alcalde, Juan González
“Monteferro é un deses paraísos onde as veces veño a tocar, pero na intimidade, só para min e para a natureza. Porque ten un dos solpores mais impresionantes do mundo. A diferencia cos de lugares como Bahía, Rio de Janeiro, ou California é que, mentres que alí a xente aplaude como se o sol e a terra ofrecesen un show, nós cecais sentímos ese intre como unha cerimonia. Según os nosos arqueólogos, os antigos habitantes de Monteferro e dos castros da costa de Galicia xa sabían moito de todas estas cousas…. Por iso, neste concerto repetirei o soño de compartir esas experiencias cos meus amigos músicos e co noso querido público. Seremos unha gran familia!”, sinala o propio Carlos Núñez, quen ten tocado dentro desta xira ‘Lugares Máxicos’ en espazos tan singulares de Galicia como o Mosteiro de Oseira, o Dolmen de
Dombate ou a Catedral de Mondoñedo.
Co obxectivo de respectar ao máximo á singularidade deste espazo natural e de facelo coa mínima intervención, só se reservarán cadeiras para persoas con problemas xustificados de mobilidade, xa que o obxectivo é gozar da música sentados no propio chan, nun ambiente íntimo e en comunión coa contorna.

Máis

Hora

(Sábado) 11:00(GMT+02:00)

Localización

Miradoiro de Monteferro

Monteferro, 36340 Panjón, Pontevedra

Other Events