VIALIA
bannerPicnicSesions

Carapuchiña Vermella

16abr12:30Carapuchiña VermellaPEQUECHOS | De balde12:30(GMT+02:00) Teatro Salesianos

Detalles do eventos

Un trepidante musical onde nenos e maiores acompañarán a Carapuchiña Vermella na gran aventura de levarlle á súa avoa unha cesta de merenda por un bosque cheo de sorpresas.

No camiño, Carapuchiña aprenderá a respectar o medio ambiente e os animais, bailará e cantará, pero tamén aprenderá os perigos de ignorar os consellos da súa nai.

Plácido, o xornalista do pobo, e o seu axudante Roi, serán os encargados de manternos informados de todo o que lle sucede á protagonista ata que chega a casa da súa avoa. E quen sabe, talvez neste conto apareza un lobo que queira comerse a Carapuchiña Vermella… Como terminará esta historia?

O domingo 16 de abril ás 12:00 e ás 17:00 horas no Teatro Salesianos. Entradas aquí.

Máis

Hora

(Domingo) 12:30(GMT+02:00)

Localización

Teatro Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events