Cara B: Rubén Suarez & Diego de la Iglesia

25feb(feb 25)18:3019mar(mar 19)21:00Cara B: Rubén Suarez & Diego de la IglesiaARTE E MUSEOS | De balde(febreiro 25) 18:30 - (marzo 19) 21:00(GMT+01:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

Do 19 de febreiro ao 19 de marzo
L-V 12-15h/ X-V 18:30-21

Rock and roll e ilustración, sempre van moi unidos, desde a arte dos carteis á inspiración que é para os artistas esa música do diaño. Nesta ocasión van da man máis que nunca porque esta exposición mostra o traballo de dous músicos ben coñecidos dentro da escena galega do R´n´R:

Por unha banda, Diego de la Iglesia, chamán dos tambores de Thee Blind Crows e ex-Terbutalina, e pola outra, Rubén Suarez, agora mesmo á fronte de The Family Folks, pero antes en Foggy Mental Breakdown, Los High Serras ou Los tres sudamaricones.

Ambos nos mostran a súa vertente menos coñecida para as masas, a súa CARA B. Unha cara para sibaritas e eruditos na que ambos levan anos traballando individualmente, tanto como ilustradores como deseñadores desde hai anos. Así, De la Iglesia en Guillotina Estudo, e Suarez, antes en Bunker Graphics e agora como freelance, levan anos realizando ilustracións e traballos gráficos.

“CARA B” é unha mostra de ilustración do traballo máis persoal de cada un deles que excede música e máis música ao ritmo trepidante dun, dous, tres e… o teu o teu tupé!

Máis

Hora

Febreiro 25 (Venres) 18:30 - Marzo 19 (Sábado) 21:00(GMT+01:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events