CANTAS VERBAS

02out20:00CANTAS VERBASFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+02:00) Museo do Mar

Detalles do eventos

CANTAS VERBAS é un espectáculo que vai revisar a nosa tradición poética e musical dende a contemporaneidade a través de tres propostas escénicas e musicais de calidade: Aldaolado, Faia e Laura LaMontagne & PicoAmperio.

Aldaolado son Lucía Aldao e María Lado, dúas poetas de consolidada carreira que apostan pola poesía escénica, facendo do recital un acto atractivo, próximo e divertido para todo tipo de público, mesmo para aquel que non le poesía.

Faia Díaz presenta ‘Ao cabo leirín’, un traballo de investigación do cancioneiro tradicional transmitido por mulleres que, baixo unha mirada contemporánea, logra unir o canto e os

espazos sonoros atemporais que o rodean, dende a esquina solitaria da taberna ao calor dunha lareira.

Laura LaMontagne & PicoAmperio. Poesía propia e adaptacións de Rosalía de Castro, Lorca, Pessoa, Martín Códax nunha mestura da tradición e a realidade maquinal e tecnolóxica para contar historias utilizando tamén creacións audiovisuais de abstracción cibernética.

CANDO: O venres 2 de outubro ás 20:00

ONDE: 2º edificio do Museo do Mar de Galicia

Entrada gratis con inscripción previa na plataforma Reservas.gal: http://reservas.gal/producion/cantas-verbas/

forma parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 financiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Cultura.

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events