
Detalles do eventos
O xoves 17 comezará a distribución en liña: as curtas poderán verse, previo pago, na web do festival de Cans – www.festivaldecans.gal– baixo soporte técnico
Cans Expandido en liña
O xoves 17 comezará a distribución en liña: as curtas poderán verse, previo pago, na web do festival de Cans – www.festivaldecans.gal– baixo soporte técnico de Vimeo. As películas estarán dispoñibles para o visionado na internet ata o 20 de setembro nunha iniciativa, o proxecto Cans Expandido, que resulta pioneira entre os festivais de cinema.
Con esta aposta pola exhibición online, o certame trata de dinamizar a difusión dos filmes e de facilitarlles o visionado ás persoas que, por motivos relacionados coas limitacións actuais, non poderán estar en Cans durante o Festival. Os prezos do visionado online, oscilarán entre os 2 euros por bloques de curtas e os 5 euros por bloques completos de competición.
Máis
17 (Xoves) 00:00 - 20 (Domingo) 00:00
Detalles do evento virtual
RUN
O evento xa tivo lugar!
You are the moderator of this event. Access the live stream