Cándido Pazó – A Movida

agosto, 2018

28ago21:00Cándido PazóCONTACONTOS | De balde21:00 La Vela

Máis

Detalles do evento

O actor e director vigués Cándido Pazó nos deleitará con algunhas das súas historias orais co mar de fondo no chiringuito La Vela.

Cándido Pazó está presente, con relatorios e traballos, nos máis importantes foros de reflexión e discusión sobre o feito teatral galego coma o TEATRAgal ou a Comisión Técnica de Teatro do Relatorio de Teatro e Música do Consello da Cultura Galega.

Foi parte dos dramaturgos europeos seleccionados para participar na Marathon Europea de Creación Teatral, proxecto de escritura dramática dentro do programa cultural Bruxelas 2000.

É, ademais, guionista para televisión (A familia Pita, Pratos Combinados, Mareas vivas) e dedícase tamén á narración oral, actividade emerxente hoxe en día en Galicia e pola que se sente especialmente seducido, estando presente en numerosos festivais e programacións de Europa e América Latina.

Hora

(Martes) 21:00

Lugar

La Vela

Av. Samil, 16A, 36212 Vigo, Pontevedra

X