Camiño a Camiño: Saiáns – A Movida

outubro, 2020

bannerRevistaOnline

11out09:45Camiño a Camiño: SaiánsACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde09:45 Parque Forestal de Saiáns

Máis

Detalles do eventos

Na fin de semana do 10 e 11 de outubro os paseos interpretativos polos montes de Vigo dirixiranse cara os montes de Coruxo e de Saiáns. Esta iniciativa forma parte do programa Camiño a Camiño da Concellería de Medioambiente de Vigo, en colaboración con Montes de Vigo e Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. 

En Saiáns o punto de encontro é o parque forestal, dende onde se abordará o arboreto “Piñeiros do mundo” e logo os diversos atractivos recollidos na área etnoarqueolóxica de Saiáns (Muíños da Estea, Castro Alto da Medoña e a Fraga da Cal de Outeiro). No caso do paseo curto realizarase con tranquilidade e no caso do paseo longo, se o tempo acompaña, abordarase o Alto de Bandeira coas súas increíbles vistas.

En cada un dos paseos haberá dous niveis de dificultade para que sexa asequible a todo tipo de públicos.

SENDEIRO LOCAL DE SAIANS. 

Domingo 11 de outubro

Punto de Encontro: Parque Forestal de Saiáns (ver GOOGLE MAPS). 

Hora de rexistro de entrada: 9:45. Hora de saída: 10:00. Hora finalización 12:15 (aprox)

Percorrido curto: 3,1 km, pendente media 11,5%, dificultade media | Percorrido longo: 6,6 km, pendente media 10,9%, dificultade media-alta

Actuación (12:30): C.C.R. Cabral (Música). A.C.R.D. Pardavila (Música). A.F.C Asubío (Música)

Hora

(Domingo) 09:45

Localización

Parque Forestal de Saiáns

36390 Vigo, Pontevedra

X