CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Camiño a Camiño: Coruxo

10out16:45Camiño a Camiño: CoruxoACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde16:45(GMT+02:00) Fragoselo (Coruxo)

Detalles do eventos

Na fin de semana do 10 e 11 de outubro os paseos interpretativos polos montes de Vigo dirixiranse cara os montes de Coruxo e de Saiáns. Esta iniciativa forma parte do programa Camiño a Camiño da Concellería de Medioambiente de Vigo, en colaboración con Montes de Vigo e Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. 

En Coruxo atoparémonos en Fragoselo para dividirnos en dúas rutas. A máis longa dirixirase polo sendeiro local cara ao Parque Forestal de Coruxo e o Maúxo Grande, na cima do monte. A máis curta achegarase máis tranquilamente ata a planta de tratamento de biomasa para logo atallar ata o Outeiro da Raposa. En ámbalas dúas, comprobaremos as consecuencias dos lumes de 2017 e o proceso de rexeneración que se está levando.

SENDEIRO LOCAL DE CORUXO. 

Sábado 10 de outubro

Punto de Encontro: Fragoselo (ver GOOGLE MAPS). 

Hora de rexistro de entrada: 16:45. Hora de saída: 17:00. Hora finalización 19:15 (aprox)

Percorrido curto: 5,9 km, pendente media 8,2%, dificultade baixa | Percorrido longo: 8,6 km, pendente media 8,5%, dificultade media-alta

Actuación (19:30): Grupo Etnográfico A Buxaina (Música e Baille). A.C. Alalá (Música)

Máis

Hora

10 outubro, 2020 16:45(GMT+01:00)

Localización

Fragoselo (Coruxo)

Carr. Fragoselo, 171 36330 Vigo, Pontevedra

Other Events