banneraQUALIA
bannerCulturgal

08mai09:00Camiño a Camiño: Bembrive - CoruxoACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde 09:00 Praza do Rei

Camiño a Camiño: Bembrive - Coruxo

 A tempada de primavera’22 de Camiño a Camiño, promovido pola Concellería de Medioambiente de Vigo, vaise concluír cun curioso percorrido que combina historia e medio ambiente: o camiño do románico entre Bembrive e Coruxo, pasando por Castrelos.  Teremos ocasión de ver tres representantes do Románico rural galego que se conservar en Vigo: Santiago de Bembrive, Santa María de Castrelos e San Salvador Coruxo. Semella que chegou a haber 15 igrexas románicas. Parello teremos ocasión de atravesar espazos medioambientais moi interesantes a carón do río Eifonso e da senda azul do río Lagares.

INSCRICIÓN (150 prazas por ruta)

– Dende luns 2 maio, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.

– No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org  para así convocar á lista de agarda.

CAMIÑO DO ROMÁNICO EN VIGO: BEMBRIVE-CASTRELOS-CORUXO 

Domingo 8 de maio

Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional. Gratuíto

Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 14:30 (aprox)

Percorrido: 12,9 km; pendente media 4%; pendente máxima 17,4%/-22,5%; desnivel 309m/-366m; dificultade media-baixa

Máis

Hora

(Domingo) 09:00

Localización

Praza do Rei

Praza do Rei 36202 Vigo Pontevedra

X