
Detalles do eventos
Arranca a programación de Camiño a Camiño, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, e nesta edición en colaboración con Montes de Vigo e Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
Detalles do eventos
Arranca a programación de Camiño a Camiño, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, e nesta edición en colaboración con Montes de Vigo e Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
Nesta edición, condicionados polos protocolos covid-19, achegarémonos dun xeito tranquilo ao patrimonio natural e etnoarqueolóxico dos montes periurbanos que nos rodean nun auténtico anel verde. Haberá dous niveis de dificultade para que sexa asequible a todo tipo de públicos.
INSCRICIÓN (100 prazas por paseo)
– Dende luns 14 setembro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
– Cada participante pode inscribirse a un único paseo por fin de semana, podendo solicitar estar na lista de agarda do outro para o caso de que houbese prazas dispoñibles.
– No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org ou no teléfono 662 23 10 23 para así convocar á lista de agarda.
SENDEIRO LOCAL DE BEADE-BEMBRIVE.
✔ Sábado 19 de setembro
Punto de Encontro: Parque Forestal de Beade (ver GOOGLE MAPS).
Hora de rexistro de entrada: 16:45. Hora de saída: 17:00. Hora finalización 19:15 (aprox)
Percorrido curto: 6,6 km, pendente media 11%, dificultade baixa | Percorrido longo: 8 km, pendente media 10%, dificultade media
Actuación (19:30): A.T. Andarela (música e baille). C.S.C.R de Beade (música)
Máis
Hora
19 setembro, 2020 16:45(GMT+02:00)
Localización
Parque Forestal de Beade
Parque Forestal Beade, 36312, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual