VIALIA
bannerPicnicSesions

Camiñando pola esclerose múltiple

17set11:00Camiñando pola esclerose múltipleACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde11:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

A campaña nacional ‘Camiñemos pola Esclerose Múltiple’ aterra en Vigo este sábado 17 de setembro
da man de AVEMPO (Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra), que
realizará dous percorridos na cidade para concienciar sobre a esclerose múltiple. A etapa sairá ás
11:00 horas do parque de Castrelos, que será o punto de saída e de chegada do percorrido. O
encontro dos e as participantes terá lugar ás 10:45 horas fronte ao parque infantil de Castrelos,
situado á beira do acceso en vehículo a Castrelos, por Rúa do Prado Lanuxe.
O roteiro máis curto, de 1 quilómetro, realizarase dentro do propio parque, nun percorrido circular. O
tramo máis longo, de 4 quilómetros, será realizado nun tramo do Parque de Castrelos e parte do
roteiro do río Lagares, cun percorrido de ida e volta ata a ponte romana que se atopa no
roteiro.
AVEMPO súmase a esta campaña cos obxectivos de sensibilizar á opinión pública sobre as
necesidades específicas das persoas afectadas, visibilizar o traballo que AVEMPO realiza en Vigo
e fomentar na sociedade o espírito solidario e a empatía, entre outros.
“Camiñemos pola esclerose múltiple” é unha campaña de ámbito nacional coa que a asociación
española AEDEM-COCEMFE e as súas entidades membro pretenden percorrer 12 comunidades, 30
provincias, 47 localidades e centos de quilómetros, cun mesmo propósito: que as persoas
afectadas fagan camiño xuntas pola esclerose múltiple. A campaña culminará no outono en Santiago
de Compostela como punto de chegada.

Máis