
09out21:00'CALOR' de Jean Philippe KikolasPEQUERRECHOS | 8,00€21:00 Auditorio Municipal do Concello
Detalles do eventos
Calor inspírase na situación que viven moitas persoas carentes de fogar, viaxeiros involuntarios que se viron forzados a deixar as súas casas, obrigados a marcharse precipitadamente dos seus
'CALOR' de Jean Philippe Kikolas
Calor inspírase na situación que viven moitas persoas carentes de fogar, viaxeiros involuntarios que se viron forzados a deixar as súas casas, obrigados a marcharse precipitadamente dos seus fogares. Nómades do noso tempo que atravesan o mundo na procura dun lugar, tenteando a cegas sociedades e culturas, cidades e pobos estranxeiros… Andantes sen tempo que viaxan coa determinación e a esperanza de atopar un novo fogar. Calor combina o clown coas artes circenses presentando un universo onírico e poético onde o público é convidado a sentir, imaxinar e rir, a pensar e xogar.
Máis
(Venres) 21:00
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra