bannerTheWildFest

Este é un evento repetitivo

18xuñ20:00Caldo para 7ESPECTÁCULOS | 10,00€20:00 Teatro Ensalle

Caldo para 7

Celebrar a capacidade de celebración, gozar do goce e verbalizar verbos. Encarnar outras carnes, o xogo de xogar e atopar encontros. Mira unha ollada, crea un oco cheo, fai todo o que non sabes. Cada uno ó seu todos xuntos, propón, dispón. Mantente aí “na crista do lodo”, “afundidiño na chama”. Como di a canción? (“é moi fácil… se o tentas…). Nim peza, nin concerto, nin encontro porque aquí xa nos coñecemos todos. A premisa son as ganas. A premisa e todo o demáis.

Os días 18 e 19 ás 20:00h, Ensalle convoca ó público a unha festa que comezou o martes e á que podráse asistir o sábado e o domingo. É, máis que un resultado, unha mostra de 8 creadores que se meten nunha pota e comezan a soltar ingredientes, como son 8 o primeiro que fixeron foi cargarse o título de todo isto. Logo xeramos códigos e camiños comúns, tamén quebramos con todo iso. Así comezaron a pasar cousas.

Ficha artísitca:
Eva Alfonso, Jaume Blai, Pedro Fresneda, Raquel Hernández, AveLina Pérez, Artús Rei, Jorge Rúa e David Santos.

Sábado 18 e domingo 19 ás 20:00

Máis

X