VEGANA

O Concello cancela a Cabalgata durante a mañá pola chuvia

05xan11:0020:00O Concello cancela a Cabalgata durante a mañá pola chuviaAS NOSAS FESTAS | De balde11:00 - 20:00(GMT+01:00) Avenida Castelao

Detalles do eventos

ACTUALIZACIÓN: Debido a previsión de chuvia o Concello de Vigo acaba de cancelar a Cabalgata durante a mañá do día 5 de xaneiro. Como mínimo o evento, previsto para dar comezo ás 11 da mañá, arrancará ás 14.00 horas. Ao longo da mesma mañá do día 5 Abel Caballero anunciará a hora exacta de comezo da Cabalgata en función da previsión meterolóxica. Aquelas persoas que teñan un pase para ir visitar aos Reis Magos na quenda de mañá poderán acudir a calquera hora, aínda que se recomenda que acudan antes das 16.00 h. ou entre as 20.00 e as 21.30 h. para evitar aglomeracións.

O 5 de xaneiro tedes cita en Coia para ver a Cabalgata dos Reis Magos do Oriente. Este ano a temática xirará arredor dos mundos de Verne e as viaxes máxicas.

A Cabalgata será estática, e seguirá o mesmo procedemento que a que tivo lugar en 2021. Será preciso pedir cita previa para un período concreto do día, no que poderás acceder ao recinto valado e percorrer a pé a avenida ao carón das carrozas. Terá lugar de 11h da mañá ata as 20h da tarde, cun parón ao mediodía (de 14h a 16h). Repartiranse un total de seis toneladas de doces.

Para obter os tickets este ano haberá un enlace na web do Concello (https://cabalgatadereisconcellodevigo.org/) Haberá dúas quendas para a súa adquisición, unha o luns 3 de xaneiro ás 17 horas e outra o martes 4 ás 10 da mañá. Unha vez elixida a hora, recibirase un código QR que haberá que presentar nos carrís habilitados (2) para as persoas con cita previa, polo que o tempo de espera será menor que na terceira vía, que é exterior, e serve para as persoas que non teñan o código QR da cita previa. Haberá 20.000 entradas e con cada código QR poderán achegarse ata un máximo de 5 persoas.

Para os rapaces que se atopen confinados nese día, os Reis Magos contactarán con eles a través dunha videochamada. Para poder participar, as familias deben escribir un correo electrónico explicando a situación do nen@ á seguinte dirección: nadalvigo.festas@vigo.org. Poden escribilo desde o xoves (30 de decembro) e recibirán o código o luns día 3 de xaneiro. Os 120 primeiros correos recibirán un código de activación co que serán redirixidos a unha páxina web na que terán que rexistrar os datos do nen@, escollerán un Rei Meigo, a hora e o día – que pode ser o 4 ou o 5 de xaneiro- para recibir a videochamada

O acceso será libre e seguiranse todos os protocolos Covid vixentes.

Máis

Hora

5 xaneiro, 2022 11:00 - 20:00(GMT+02:00)

Localización

Avenida Castelao

Other Events