
10set21:00Caspervek 'College'ESPECTÁCULOS | 10,00€21:00 Fundación Sales
Detalles do eventos
Casperverk continúa o seu ciclo de verán na Fundación Sales. Nesta ocasión, é o turno de Buster Keaton. A sesión estará acompañada polos músicos Andrea González (saxo), Blas
Caspervek 'College'
Casperverk continúa o seu ciclo de verán na Fundación Sales. Nesta ocasión, é o turno de Buster Keaton. A sesión estará acompañada polos músicos Andrea González (saxo), Blas Castañer (percusión) e Brais González (piano).
Buster Keaton aparece por fin polo ciclo de verán, a tempo para clausurar a tempada de cinema-concertos na Fundación Saes. E faio cunha das súas obras menos coñecidas. COLLEGE (1927), é unha divertida comedia sobre o mundo universitario e a guerra permanente entre os empollones e os deportistas. A pesar de ser unha páxina escondida dentro da filmografía de Keaton, a cinta conta con algúns gags hilarantes, e segue sendo considerada hoxe en día como unha das películas que asentou as bases das comedias universitarias que poboarían as salas de cinema en décadas posteriores.
Entradas á venta en Eventbrite.
Máis

(Venres) 21:00
Fundación Sales
de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra