REVISTA ABRIL

Bryan Adams

19xul22:00Bryan AdamsCONCERTOS | Desde 50,00€22:00(GMT+02:00) Pavillón das Travesas

Detalles do eventos

Os fans de Bryan Adams que agardaban ver ao seu ídolo esta mesma noite nas Travesas van ter que esperar un pouco máis. A produtora do artista acaba de facer público que por problemas de producción o concerto ten que ser posposto ata o próximo martes día 19. A promotora desta xira de concertos, Emotional Events, vén de cancelar esta mesma semana o concerto programado en Valencia dentro da xira ‘So Happy. It hurts’, que ía ter lugar precisamente o 19 de xullo. Polo de agora, a promotora non fixo público como se procederá no caso de que sexa necesario pedir a devolución das entradas.

O músico canadiense Bryan Adams, recoñecido polo seu xeito de cantar melódico e desgarrado, volve a Vigo case dúas décadas despois do seu último concerto nestas terras en 2005. Será no mesmo recinto, o Recinto Deportivo das Travesas. Concretamente, actuará no campo de fútbol exterior, onde se prevé unha capacidade 11.000 persoas. When you are goneBack to youOpen roadSummer of 69Heaven , Run to you… moitas son as canción de Adams que perviven na memoria da xente ao longo dos anos.

Cunha carreira que abarca máis de catro décadas de éxitos e grandes xiras, Bryan Adams estableceuse como un dos cantantes e compositores máis aclamados do rock, cun directo enérxico e emocionante que abarca hits de todos os tempos. Na súa traxectoria, Bryan Adams lanzou 15 álbums de estudo, co máis recente So Happy It Hurts, que dá nome tamén a esta xira.

As entradas están dispoñibles online.

Con este concerto, a cidade suma un novo recinto onde acoller a gran cantidade de actuacións que haberá este verán repartidas en Castrelos, auditorio Mar de Vigo, peirao de trasatlánticos e Balaídos.

Máis

Hora

(Martes) 22:00(GMT+02:00)

Localización

Pavillón das Travesas

Av. de Castrelos, 1, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events