Bourbon Kings

04feb22:00Bourbon KingsCONCERTOS | Desde 8,00€22:00(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Data: Sábado 4 de Febreiro
Hora: 22:00
Prezo: 8€

BOURBON KINGS visitan a Sala Rebullón grazas ao circuíto Girando Por Salas do INAEM.

As entradas xa están a venda na cantina As Pedriñas e na paxina web.

Bourbon Kings é unha banda de Rap Metal – Nu Metal afincados en Atarrabia (Navarra) formada en 2014. Os seus compoñentes proveñen da escena Hip Hop e Metalcore navarra veñen presentar o seu terceiro traballo discográfico “XXX”.

Con este terceiro disco XXX, a banda segue fiel ao seu espírito, traendo ao século XXI un son actualizado do máis puro nu-metal noventero.

A banda navarra, xa consolidada no circuíto metaleiro estatal actuará en Tameiga, Mos logo de ter actuado en inumerables localidades do estado e Europa e en festivais tan importantes como o Ressurrection Fest ou o Viña Rock.

Máis

Hora

(Sábado) 22:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events