bannerVIALIA
bannerGFFF

04dec18:00BLOWINGPEQUERRECHOS | Desde 8,00€18:00 Sala Ártika

BLOWING

Neste preciso momento no mundo deben de estar voando millóns e millóns de desexos que queren facerse realidade. Pedimos desexos de moitas maneiras diferentes soprando as candeas do día do noso aniversario, vendo pasar unha estrela fugaz, soprando unha pestana, tirando unha moeda nun pozo ou soprando unha flor de dente de león.

Desexamos moitas cousas en moitos momento da nosa vida pero… Onde van a parar estes desexos? Cómprense? Que os convirte en realidade?

En “Blowing” viviremos a viaxe dunha pequena espora que ten unha misión, cumprir o desexo de Yuri. Unha viaxe a través do vento, cheo de aventuras e situacións nas que encontraremos resposta a todas esas preguntas… ou non! Un espectáculo visual, poético e innovador, onde a danza, a música en directo e a tecnoloxía invitarannos a voar por un mundo fantástico, máxico e absurdo.

MUCAB DANS

Hora

  • Sábado 04 de decembro ás 18:00h
  • Domingo 05 de decembro ás 12:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo

  • Venta online: entrada Anticipada: 8€ + gastos de xestión
  • En taquilla: entrada Xeral: 10€ 

Idades recomendada: Todos os públicos

Duración: 50 min

Máis

Hora

(Sábado) 18:00

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

X