COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

BLANCANIEVES

22nov18:00BLANCANIEVESPEQUERRECHOS | 5,00€18:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Branca Neves vese empurrada a fuxir do palacio perseguida pola furia envexosa da madrastra. Na súa fuxida deberá atravesar un bosque inhóspito. Os animais salvaxes que se cruzan no seu camiño non lle fan dano e protéxena de todo mal. Máis tarde é acollida por uns ananos que lle ofrecen protección a cambio de que realice as tarefas do fogar.
Obrigadas polas circunstancias acepta a de mala gana ese acordo. Pero no seu corazón segue latindoo recordo do bosque, onde a natureza crece libre e salvaxe. Enganada por unha bruxa, proba unha mazá envelenada e cae nun soño mortal. Príncipes de todo o mundo acoden a despertala cun bico, pero ningún o consegue porque en realidade non existen príncipes azuis que salven a mulleres durmidas. Ante o sono mortal de Branca Neves todo o bosque vese sumido nunha profunda tristeza. Os paxaros deixan de cantar, os lobos de ouvear, os cervos de bramar. Finalmente Branca Neves sálvase a si mesma e ao espertar comeza a danzar, a danza da vida baixo a lúa chea. Un espectáculo de teatro de monicreques partindo do conto clásico que combina o poético e o cómico recorrendo a variadas linguaxes escénicas como a danza, as máscaras, os monicreques, a música e o teatro de obxectos. A dramaturxia e á súa vez, sorprende dando xiros inesperados ao conto clásico de xeito cómico e con humor, pero sempre cun toque poético. A plástica xunto co espazo sonoro están cargados de simboloxía que tocan as emocións do espectador xerando atmosferas variadas e contrastadas.

Máis

Hora

22 novembro, 2020 18:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events