Portamerica
REVISTA MAIO

BIBLIOTECA HUMANA 

23mai12:30BIBLIOTECA HUMANA ACTIVIDADES PARA O COCO|-12:30(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

Persoas internas no Centro Penitenciario da Lama que cursan os seus estudos na EPAPU Nelson Mandela, e internas de 3º grao no CIS de Vigo, compartirán con nós unha parte das súas historias vitais, dende perspectivas distintas á norma. Da soidade da cela, onde flúen os recordos, á posibilidade de establecer unha conversa funcionando como “libros humanos”.

Aberto ao público en xeral, e especialmente a: escolares a partir de 4º ESO, Bacharelato e FP, estudantes universitarios (preferentemente nos ámbitos de ciencias sociais, psicoloxía, educación), asociaciónscolectivos e persoas interesadas.

DATAS E HORARIOS (dispoñibles ata completar capacidade):

Mércores 22 maio = 2 sesións ás 10.45 e ás 12.30

Xoves 23 maio = 2 sesións ás 10.45 [COMPLETO] e ás 12.30 [COMPLETO]

Venres 24 maio = 3 sesións ás 10.00, 11.30 [COMPLETO] e 13.00

Máis

Hora

23 maio, 2024 12:30(GMT+02:00)