Barbeira Season Fest

19set16:00Barbeira Season FestFESTIVAIS E FEIRAS | 50,00€16:00(GMT+02:00) Baiona

Detalles do eventos

A segunda edición do Barbeira Season Fest xa está aquí. Un festival directamente ligado ó camiño de Santiago, concretamente coa ruta portuguesa da costa. Continúa coa súa liña, promovendo valores ecolóxicos nunha localización idílica e contando con grandes artistas tanto nacionais como locais. Ademais de múltiples actividades relacionados coa natureza do seu singular paraxe.

Será na península de Santa Marta, unha praia fermosa na vila de Baiona, accesible dende o propio paseo marítimo. Unha localización inmellorable para vivir a música con todos os sentidos.

O festival abrirá portas ás 14:00, onde estarán Cociña Ourense saciando o apetito dos asistentes e Paula Docampo DJ picando algo de música. Ás 16:00 comezará Ortiga, que virá seguido de Lisasinson, Ginebras e La La Love You, nesa orde. Os concertos terán unha duración entre 45 minutos e unha hora e cuarto. Para rematar a xornada, volverá Cociña Ourense e Elemental Session. 

Máis

Hora

(Sábado) 16:00(GMT+02:00)

Localización

Baiona

Rúa Lorenzo de la Carrera, S/N, 36300 Baiona, Pontevedra

Other Events