
16mar20:00'Baliza' de Bea SaiánsACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00 Libraría Cartabón
Detalles do eventos
O 16 de marzo, xoves, ás 20:00 horas, Bea Saiáns presentará “Baliza”, ilustrado por Nerea Vázquez, editado por Edicións Malafera. Xunto coa autora, intervirá a editora Branca Trigo.
'Baliza' de Bea Saiáns
O 16 de marzo, xoves, ás 20:00 horas, Bea Saiáns presentará “Baliza”, ilustrado por Nerea Vázquez, editado por Edicións Malafera. Xunto coa autora, intervirá a editora Branca Trigo.
Baliza é un poemario, un dicionario de termos feministas e un libro para colorear. Combina os poemas en forma de entradas lexicográficas de Bea Saiáns e as ilustracións de Nerea Vázquez. Encuadernado en espiral, Baliza é un libro de trote que permitirá pintar as ilustracións, arrincar páxinas e anotar ideas. Así defenden as autoras unha arte interactiva, unha poesía para quen “non entende de poesía”. A escritora e cineasta Bea Saiáns expón neste texto o propósito da obra:
«a poesía comeza onde a palabra deixa de ter utilidade.
que acontece cando a linguaxe é só iso: útil, técnica, correcta e adulta? podemos correr o risco de chegar a ser excluídes na nosa propia lingua, pois só somos se temos palabras para nomearnos e contexto no que ser. e algúns conceptos requiren de pouca utilidade e moita poesía para ser explicados, porque non hai palabras que os conteñan.
como é que sabemos nomear as partes dunha bicicleta pero non describir o medo ou a tenrura? cantas partes ten a túa tenrura?
Baliza é un libro dirixido a quen “non sabe de poesía”, “non le poesía” e “non gosta da poesía” porque “non entende de poesía”.»
Máis

(Xoves) 20:00
Libraría Cartabón
Calle de Urzáiz, 125, 36205 Vigo, Pontevedra