REVISTA ABRIL

¡Ay Carmela!

30nov20:30¡Ay Carmela!ESPECTÁCULOS | Desde 16,20€20:30(GMT+01:00) Auditorio Teatro Afundación

Detalles do eventos

¡Ay, Carmela!, de José Sanchís Sinisterra e interpretada por María Adánez e Pepón Nieto, con dirección de José Carlos Plaza é xa un clásico da escena e a filmografía españolas.

SINOPSE
Carmela volve unha e outra vez. Volve o seu recordo contra o esquecemento. Evocámola para que o seu espírito non se perda no cómodo mundo da indiferenza. Volve alertarnos, a gritarnos coa súa presenza que o ovo da serpe, que sempre estivo aí, está a romperse O noso soño dun mundo de tolerancia, de comprensión, de permisividade cara ao diferente, de igualdade, de solidariedade, de xustiza social vaise rachando e o mundo fascista de intransixencia, terquedad, obstinación, testarudez avanza tan incompresible como imparablemente. Carmela é a nosa memoria e a nosa culpa como o é de “O Paulino”, o “cagón”. A quen nos lembrará? Pero aí está Carmela coa súa verdade, o seu vitalismo, a súa paixón e a súa valentía. Carmela: exemplo de amor facía a vida e cara aos demais, valores que está dentro da alma das boas persoas. Carmela: reivindicación da bondade tan deostada nestes días. Carmela é divertida, brillante e descarada. Pura raíz, puro sangue. Non pensa moito, convive cos que a rodean, sente e padece. Un ser sen cultura, sen sofisticacións, sen prexuízos que é carne viva, sensible á dor dos demais. E Carmela sacrifícase porque non pode vivir nun mundo podrecido. “Pobre país que necesita heroes”. E nós collemos aire coa maior alegría e profundidade posibles para volver suspirar: Ai, Carmela!.

Mércores 30 ás 20:30

Entradas á venda en www.ataquilla.com

Máis

Hora

(Mércores) 20:30(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Teatro Afundación

Marqués de Valladares s/n

Other Events