REVISTA ABRIL

Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple

30out11:00Carreira Solidaria pola Esclerose MúltipleACTIVIDADES DEPORTIVAS | 10,00 €11:00(GMT+01:00) Alameda de Bouzas

Detalles do eventos

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) lanza un berro de axuda a unha semana da celebración presencial da X Carreira Solidaria ‘Eu Móvome pola Esclerose Múltiple’, que terá lugar o vindeiro domingo 30 de outubro ás 11:00 horas na alameda de Bouzas e que arrinca hoxe na súa edición virtual. Desde a asociación, pacientes e traballadores fan un chamamento á participación social para aumentar o número de inscricións, que ata a data rolda as 500 persoas, cando na súa última edición presencial de 2019 conseguiu reunir a máis de 1.600 persoas.

A entidade alerta a través dun vídeo de problemas de financiamento debido á redución de patrocinios e o aumento dos custos da proba deportiva, que na súa maioría está a asumir a propia asociación, o que dificulta cumprir co principal obxectivo da carreira: recadar fondos para o mantemento dos servizos que ofrece AVEMPO na súa sede ás persoas afectadas de Esclerose Múltiple e os seus familiares. A pesar das dificultades, o equipo de AVEMPO non perde a ilusión e confía en que a situación mellore estes días cun repunte no número de persoas rexistradas. As inscricións para a proba presencial estarán abertas ata o vindeiro martes 25 de outubro a través do portal de 321.go.es.

A carreira, de carácter competitivo e cronometrada, conta con dúas modalidades opcionais: 5K (unha volta ao percorrido) e 10K (dúas voltas ao percorrido). Ademais, o evento tamén ofrece unha ‘andaina’ de 5K sen límite de idade na que poden participar menores acompañados dun adulto e todas aquelas persoas que opten por facer o percorrido andando.
Paralelamente, AVEMPO habilitou unha carreira non competitiva en modalidade virtual que arrinca este sábado e finalizará o 30 de outubro, para aquelas persoas que non poidan achegarse á alameda de Bouzas o vindeiro domingo. As inscricións para participar nesta modalidade permanecerán abertas ata o último día de carreira. Doutra banda, AVEMPO habilitou un ‘Dorsal 0’ solidario para quen queira colaborar coa causa.

Toda a información do ‘Eu Móvome pola Esclerose Múltiple’ será actualizada a través da web habilitada por AVEMPO para a carreira e nas redes sociais oficiais da proba deportiva en Twitter, Facebook e Instagram con en hashtag #EuMóvome22.
O evento converteuse nun piar importante para o mantemento dos servizos que ofrece a asociación. Tras moito tempo de loita, a redución de axudas que sufriu nos últimos anos fai que a participación social e solidaria sexa máis importante e necesaria que nunca. Coa carreira, AVEMPO busca tamén difundir o labor que fai a asociación e sensibilizar á sociedade coa Esclerose Múltiple, unha enfermidade para a que aínda non existe cura e que afecta cada vez máis á xente nova.

Máis

Hora

(Domingo) 11:00(GMT+01:00)

Localización

Alameda de Bouzas

Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra

Other Events