VIALIA
bannerPicnicSesions

AutoCuidado a ConCiencia

27out18:30AutoCuidado a ConCienciaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:30(GMT+02:00) B&B Hotel

Detalles do eventos

Presentación pública da proxección do vídeo promocional do taller “AutoCuidado a ConCiencia”, unha iniciativa pioneira de divulgación científica orientada a maiores de 65 anos promovida desde o centro de investigación CINBIO (Universidade de Vigo) e realizada en Vigo este pasado mes de outubro.

Este evento pon o peche a unha iniciativa que formou parte da campaña de divulgación “Ciencia con C de CINBIO” con accións que están cofinanciadas pola Xunta de Galicia e pola Unión Europea a través de fondos FEDER.

O evento contará cunha breve presentación coa intervención dun representante de CINBIO, participantes do taller e representantes de “o telefonillo” (proxecto social para maiores de 65 anos), encargados da organización do devandito evento. Ademais da presentación deste vídeo que recolle o valor da experiencia expresado a través dos seus protagonistas que nos transmiten as súas impresións e o seu entusiasmo. Móstrannos as ganas que teñen de seguir formando parte activamente na súa comunidade e de acceder a novas propostas que esperten a súa curiosidade e o seu interese por seguir aprendendo e achegando a esta sociedade á marxe dos anos que teñan.

A entrada é libre ata completar aforo.

Máis

Hora

(Xoves) 18:30(GMT+02:00)

Localización

B&B Hotel

C. de Alfonso XIII, 11, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events