banneraQUALIA
bannerCulturgal

Este é un evento repetitivo

07out20:00AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁNESPECTÁCULOS | Desde 10,00€20:00 Sala Ártika

AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN

SINOPSE ‘As fillas bravas de Momán’
As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.

Con esta peza Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero, dando continuidade a traballos que cuestionaron a rixidez dos xéneros (Testosterona), que reivindicaron as voces silenciadas dunha forza de traballo feminina que segue levantando imperios económicos na era da globalización (Citizen), que promoveron unha lectura crítica dos valores machistas que transmiten as cancións románticas (I’ll be watching you). Nesa liña de traballo, As Fillas Bravas veñen para reafirmar modelos empoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados.

Venres 7 e sábado 8 ás 20:00

Prezo:
Venta online: Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión
En taquilla: Entrada Xeral: 14€
(Mercando unha entrada anticipada para calquera de estas funcións e introducindo o código da entrada podes obter un desconto para As fillas Bravas e o Mito de Casandra programado o domigo 09 de outubro ás 20:00h.)

Idades recomendada: + 16 anos

Duración: 60 min

Máis

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

X