REVISTA ABRIL

Armadiña Rock

26ago(ago 26)19:00Armadiña RockFESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:00(GMT+02:00) Combarro

Detalles do eventos

O festival Armadiña Rock celebrarase en Combarro os días 26, 27 e 28 de agosto. A repartición de grupos queda así: o venres tocarán Desakato, MJ Pérez + banda , O Cadelo Lunático e Llegamos Tarde DJ Set; o sábado, Reincidentes, Tremenda Jauría, Rebeliom do Inframundo, Sofía Gabanna, La Quinkillada e mais Fondo Norte e, por último, o domingo será a quenda de Sheila Patricia.

Respecto á acampada, que este ano tamén será de balde da mesma forma que o resto do festival, a organización deseñou un formulario para que as persoas interesadas en pernoctar na zona da Reiboa o cubran co fin de obter unha previsión aproximada das unidades de tendas que haberá. Piden que se cubra un formulario por cada tenda, e non é preciso indicar os datos de todas as campistas.

Máis

Hora

26 (Venres) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Combarro

Combarro, Pontevedra

Other Events